• Castellano
  • Galego
  • English
 
Menú principal
Inicio
Historia
Elaboración
Os nosos viños
Galerías de fotos
Novas
Localizacion
Contacto
Realizar Pedido
Historia da Adega Amalia Diéguez Martínez _CMN_PRINT _CMN_EMAIL

   A adega Amalia Diéguez Martínez está situada na comarca de O Ribeiro (Ourense), no concello de Arnoia, na localidade de O Pazo.
   Esta é a comarca vitivinícola por excelencia da zona meridional interior de Galicia e a situación dos seus viñedos, regados polos ríos Miño, Arnoia e Avia, e "mimados" polo ecoclima que proporciona a disposición do terreo, ofrecen os caldos máis tradicionais da Galicia interior. (Existen documentos que testemuñan xa o seu cultivo no século II a.C.

    Os inicios da Adega Amalia Diéguez Martínez.

   A Adega Amalia Diéguez Martínez ten a súa orixe entre os anos 1970-1980 como propiedade de D. Silverio Diéguez Armada, pai da actual propietaria, Dna. Amalia Diéguez Martínez. Durante os primeiros anos de andaina, o viño era elaborado de forma artesanal, utilizando as técnicas tradicionais da comarca e sendo almacenado en cubas de madeira. Nesta primeira etapa, o viño era vendido habitualmente en barris e, nalguns casos embotellado (por caixas) dacordo coas normas esixidas polo  Consello Regulador do Ribeiro. Non era obligatoria a contraetiqueta coa denominación de orixe nas botellas, pero xa comezaba a normalizar o proceso de elaboración e venta.
   Nos seus inicios a uva que predominaba era a uva branca, concretamente Xerez, ainda que progresivamente se empezaron a introducilas cepas autóctonas, que prácticamente desapareceran a mediados-finais do século XIX, debido principalmente ás plagas de mildiu e filoxera; Así pois, fixéronse replantacions de Lado, Torrontés e tamén Treixadura, chegándose a sobrepasalo 40% da producción total de uva branca.
   A uva tinta neste período, a Garnacha, compartía protagonismo aínda que en porcentaxes inferiores, coas autóctonas Mencía, Ferrón e Caíño, que adquirirían relevancia co paso dos anos.

   A adega Amalia Diéguez Martínez na actualidade

  A adega Amalia Diéguez Martínez foi adaptándose á normativa do sector a través dunha reforma moi importante das súas instalacions e materiais. Fíxose rexistro da adega co nome comercial do viño Tear dos Dodi, branco e tinto. Enlosouse o chan da adega e preparáronse adecuadamente as paredes; reformouse o interior da adega mediante divisions de zonas de proceso. (zona de recolección-elaboración / zona de embotellado / zona de almacenamento).

Bodega Amalia Diéguez MartínezBodega Amalia Diéguez Martínez 


  Tamén actualizaronse e eleváronse o número de equipos para elaboración, e almacenamento do viño (adquisición de depósitos de aceiro inoxidable, equipo de frio para fermentacións e precipitacións, etc), e leváronse a cabo unha importante inversión no sistema de climatización das diferentes seccións da adega, có fin de manter a temperatura adecuada en cada unha de elas.

Bodega Amalia Diéguez MartínezBodega Amalia Diéguez Martínez 


  En canto aos viñedos, hai que fañar dun porcentaxe moi elevado de replantacions con uva autóctona, que xa está empezando a ser importante, sobre todo en uva tipo Treixadura ou Lado (este último é propio desta zona). Tamén se atopan en proceso avanzado de replantación as cepas de Godello, Torrontés e Albariño e por parte da uva tinta, a nosa aposta é por Caíño, Brancellao, Sousón e Ferrón.

 
professional web site development