• Castellano
  • Galego
  • English
 
Menú principal
Inicio
Historia
Elaboración
Os nosos viños
Galerías de fotos
Novas
Localizacion
Contacto
Realizar Pedido
Elaboracion dos nosos viños _CMN_PRINT _CMN_EMAIL

Recolleita: A vendima

    A vendima é a primeira fase no procedemento da elaboración do viño e, debido á necesidade de selección e coidado na recollida, non deixa de ter unha estimada importancia.

    Na nosa comarca a vendima acostuma a facerse a finais do mes de setembro, que é cando a uva  ten alcanzada a súa óptima madurez. Ó procedimento de recollida é totalmente manual, facendo unha minuciosa e coidada selección da uva, que trasladaráse hata á adega en caixas tentando que sufra o menor dano posible.

 Elaboración:

    Feita a recollida e transporte da colleita, a seguinte fase consiste en exprimir as uvas, proceso que se realiza de forma mecánica (estruxadora despalilladora con bomba), que logo pasarán á prensa.

Tear dos Dodi - Elaboracion


    Unha vez prensadas, o zume (mosto) pasa ó barcal de recollida e deste ós depósitos onde se leva a cabo o desfangue (primeira limpeza). Logo almacenaranse nos depósitos correspondentes. Xa almacenado, ó mosto será controlado por medio do equipo de frio, durante o proceso de fermentación, hata transformarse en viño.


Tear dos Dodi - ElaboraciónTear dos Dodi - Elaboración   

      Crianza:

    Rematada a fermentación e xa obtido, por tanto, o novo "caldo", este será sometido ó proceso de crianza, segundo os nosos métodos tradicionais e adaptando á normativa do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro. Finalmente, o tempo de permanencia do viño nos depósitos configurará a súa categoría.

Tear dos Dodi - ElaboraciónTear dos Dodi - Elaboracion

 

 
professional web site development